O martes saímos ao patio para aprender a orientarnos coa brúxula. Como a agulla magnética tremía moito decidimos pousala no chan e debuxar a rosa dos ventos.
Comprobamos que o Leste é o punto polo que sae o Sol e que si nos situamos coa man dereita a ese punto cardinal, diante temos o Norte, a nosa espalda temos o Sul e a nos esquerda sitúase o Oeste.
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 2º trimestre 2011. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades 2º trimestre 2011. Mostrar todas las entradas
jueves, 22 de marzo de 2012
viernes, 25 de marzo de 2011
A HORA DO PLANETA: SÁBADO 27 ÁS 20'30
No ano 2007, en Australia, 2,2 millones de seres humáns apagaron a luz na ciudade de Sydney. Dende entón máis de 1.000 millóns de persoas de todo o mundo apretan o interruptor nesta data como unha acción consciente para loitar contra o cambio climático.
"Apaga a luz, encende o planeta", é o lema que di que todos somos parte da solución a este problema.
"Apaga a luz, encende o planeta", é o lema que di que todos somos parte da solución a este problema.
O sábado 27 de Marzo, 2010 ás 20:30 horas (hora local de cada pais), a WWF (ADENA) pide a individuos, empresas, governos e organizacións do mundo que apaguen as luces durante unha hora, A Hora do Planeta, para demostrar a súa preocupación polo cambio climático e demostrar o seu compromiso para encontrar solucións...
Máis de 6.000 cidades de máis de 152 países apagarán as luces e edificios tan importantes como a porta de Brandemburgo de Berlín, a Sagrada Familia de Barcelona, o Museo de Historia Natural de Londres, a Torre Eiffel de París, o Museo da Paz de Hiroshima, o Empire State de Nueva York o el edificio más alto del mundo ou o Burj Khalifa de Dubai. Dentro de España faranno cidades como Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Santander, Segovia, Granada, Salamanca, …etc, más de 50 cidades. O mundo demostrará o apoio global á acción contra o cambio climático.
Para máis información, fai clic na imaxe.
Celina
viernes, 4 de marzo de 2011
A VOZ DE 1º A: O NOSO XORNAL
Este é o noso xornal: A VOZ DE 1º A. Xa hai uns meses que o comezamos e temos moitas noticias que clasificamos en diferentes seccións:
Cultura e espectáculos, Novas. Saúde e Medio Ambiente e Deportes. Encántanos lelas e comentalas, buscar no mapas a localización da noticia e sobre todo buscalas e redactalas.
Noticias como estas:
Cultura e espectáculos, Novas. Saúde e Medio Ambiente e Deportes. Encántanos lelas e comentalas, buscar no mapas a localización da noticia e sobre todo buscalas e redactalas.
Noticias como estas:
lunes, 28 de febrero de 2011
ESTE LUNS TAMÉN CELEBRAMOS ENTROIDO
Cumplimos co mandado do meco para este luns e aquí estamos na porta da nosa aula, cos sombreiros de palla e cos cigarróns que fixemos que nos quedaron moi ben feitiños. A que si?
PREPARAMOS A INVESTIGACIÓN SOBRE A BALEA AZUL
Hoxe foi un día moi interesante, trouxemos moitas noticias para o periódico mural:
Do entroido, de accidentes, de robots...
Pero o máis interesante é que comezamos a organizar o traballo de investigación sobre a balea azul. Pensamos en que cousas queremos saber sobre este animal e así foi como pouco a pouco e pensando moito fomos escribindo as preguntas que logo repartiremos para traballar cada un de nós.
A próxima sesión adicarémoslla a organizar a investigación sobre o outro animaliño: O camaleón.
Do entroido, de accidentes, de robots...
Pero o máis interesante é que comezamos a organizar o traballo de investigación sobre a balea azul. Pensamos en que cousas queremos saber sobre este animal e así foi como pouco a pouco e pensando moito fomos escribindo as preguntas que logo repartiremos para traballar cada un de nós.
A próxima sesión adicarémoslla a organizar a investigación sobre o outro animaliño: O camaleón.
jueves, 24 de febrero de 2011
ENTROIDO
| Alguns traballiños |
Estamos de cheo no Entroido, a clase é unha expolosíon de cor e creatividade. Fixemos máscaras de animais, personaxes, cigarróns e agora andamos cos antifaces. As plumas e a purpurina voan polo ar, estamos moi felices.
| O meco do Entroido 2011, coa profe Rosa (a súa creadora) |
Hoxe chegou o meco, vímolo ao entrar do recreo, alí sentadiño tan contento. Xa a primeira hora da mañá visitounos Manoli cun papel no que viña os seus mandados para a semana que ven, na que cada día levaremos algo ao cole para que o venres teñamos completo o disfrace e celebrar a festa e o desfile.
OS MANDADOS DO MECO
Un bo sombreiro de palla
para o primeiro día da semana.
O martes traerás
gafas escuras, xa verás!
Para o mércores debe ser,
unha chaqueta con flecos nas mangas.
Terás que coser!
O xoves, ao melor,
remendarás un pantalón...
1,2,3 remendos,
4,5,6 remendos a montón!
E o venres, verás tí:
* sombreiro igual ca min
* gafas escuras para ver
* cenoria no nariz,
* a chaqueta con flecos
* e os remendos no pantalón.
porque espantallos seremos!
Si, señor!
lunes, 14 de febrero de 2011
A BALEA AZUL E O CAMALEÓN FORON OS ELEXIDOS
Hoxe fixemos a votación sobre os animais que máis nos interesan. A balea azul e o camaleón foron os gañadores, e a aguía e o esquío quedaron de segundos. Agora... a investigar!
miércoles, 9 de febrero de 2011
Proxecto Animais
Un tema de moito interese para a maioría: Os Animais foi o escollido para realizar este proxecto de aprendizaxe. Despois de falar e debatir vimos que non todos os animais son iguais, que teñen cousas que os diferencian, pero que entre algúns existen parecidos e decidimos agrupalos por esas cousas polas que se asemellan e saíronnos catro grupos; Mamíferos, aves. peixes e reptis. Animais coma o caracol, o gusano ou a mariquita non nos encanixaban en ningún dos grupos, porque os grupos que nos saíron eran de animais que tiñan osos, que tiñan esquelete Os animais vertebrados.
Seguiremos contándovos da nosa investigación.
Seguiremos contándovos da nosa investigación.
lunes, 7 de febrero de 2011
Obxectivo 2: Lograr a ensinanza primaria universal
Xa averiguamos que o obxectivo 2 é lograr para o 2015 a ensinanza primaria universal.
Fixemos unha reunión para decidir como íamos a facer o noso cartel que levaríamos ao patio o día que celebrásemos a Paz e pensamos en facer unha escoliña con moitos libros: Cada un de nós faríamos un. Saíronnos de todo: Libros sobre o Sistema Solar, libros sobre os animais, libros do corazón, libros de debuxos, libros de sumas e restas... Así de linda quedou a escoliña que ten un botiquín con menciñas, un grifo con auga e unha cunca de arroz para cada neno e nena.
jueves, 27 de enero de 2011
martes, 25 de enero de 2011
UNHA PISTA PARA RESOLVER O ENIGMA DA POMBA
Para saber máis clica nos obxectivos e verás como Joana nos conta como facer para ter un mundo mellor.
Non deixes de contárllelos a todos
lunes, 24 de enero de 2011
HOXE CHEGOU Á CLASE UNA POMBA
Hoxe, ao vir do recreo encontrámonos con que unha pomba nos deixara unha mensaxe no encerado. A pomba quería voar ata a árbore da Paz e claro, tivemos que levala ata alí, onde máis pombiñas a estaba agradando, e alí quedou moi feliz.
A mensaxe viña a invitarnos a investigar sobre como podríamos contribuír a facer un mundo mellor e traía este simboliño:
Xa vos seguiremos contando como imos a traballar e os resultados da nosa investigación. Todas e todos queremos un mundo mellor, en eso estamos de acordo,
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


