lunes, 7 de febrero de 2011

Obxectivo 2: Lograr a ensinanza primaria universal

Xa averiguamos que o obxectivo 2 é lograr para o 2015 a ensinanza primaria universal.
Fixemos unha reunión para decidir como íamos a facer o noso cartel que levaríamos ao patio o día que celebrásemos a Paz e pensamos en facer unha escoliña con moitos libros: Cada un de nós faríamos un. Saíronnos de todo: Libros sobre o Sistema Solar, libros sobre os animais, libros do corazón, libros de debuxos, libros de sumas e restas... Así de linda quedou a escoliña que ten un botiquín con menciñas, un grifo con auga e unha cunca de arroz para cada neno e nena.

No hay comentarios:

Publicar un comentario