lunes, 28 de febrero de 2011

PREPARAMOS A INVESTIGACIÓN SOBRE A BALEA AZUL

Hoxe foi un día moi interesante, trouxemos moitas noticias para o periódico mural:
Do entroido, de accidentes, de robots...
Pero o máis interesante é que comezamos a organizar o traballo de investigación sobre a balea azul. Pensamos en que cousas queremos saber sobre este animal e así foi como pouco a pouco e pensando moito fomos escribindo as preguntas que logo repartiremos para traballar cada un de nós.
A próxima sesión adicarémoslla a organizar a investigación sobre o outro animaliño: O camaleón.

No hay comentarios:

Publicar un comentario