jueves, 24 de febrero de 2011

ENTROIDO

Alguns traballiños

Estamos de cheo no Entroido, a clase é unha expolosíon de cor  e creatividade. Fixemos máscaras de animais, personaxes, cigarróns e agora andamos cos antifaces. As plumas e a purpurina voan polo ar, estamos moi felices. 
O meco do Entroido 2011, coa profe Rosa (a súa creadora)
Hoxe chegou o meco, vímolo ao entrar do recreo, alí sentadiño tan contento. Xa a primeira hora da mañá visitounos Manoli cun papel no que viña os seus mandados para a semana que ven, na que cada día levaremos algo ao cole para que o venres teñamos completo o disfrace e celebrar a festa e o desfile.

OS MANDADOS DO MECO

Un bo sombreiro de palla 
para o primeiro día da semana.

O martes traerás
gafas escuras, xa verás!

Para o mércores debe ser,
unha chaqueta con flecos nas mangas.
Terás que coser!

O xoves, ao melor,
remendarás un pantalón...
1,2,3 remendos,
4,5,6 remendos a montón!

E  o venres, verás tí:
* sombreiro igual ca min
* gafas escuras para ver
* cenoria no nariz,
* a chaqueta con flecos
* e os remendos no pantalón.
  porque espantallos seremos!
    Si, señor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario