A
seda é unha substancia formada por proteínas que é segregada, en forma de
fíos moi finos por algúns vermes, por iso é unha fibra natural É moi
apreciada, con ela fanse teas moi finas e bonitas para fabricar pañoletas,
blusas, camisas, vestidos... A seda é moi cara porque se mecesitan moitos,
moitos casulos para facer un vestido.
O fío de seda é producido polos vermes de seda
adultos: Os Bombix Mori
 |
O verme da seda: Bombix Mori |
A SÚA VIDA COMA VERMES
Os Bombix
Mori, coma todos os insectos nacen de ovos. Uns ovos negros, diminutos e
peludiños. Pasan pechados neles case un ano, dende que a súas nais, unhas
lindas e brancas bolboretas os deixaron pegados ás paredes da caixa e na tea
que lle puxo a profe o ano pasado. Nacen a principios de primavera, cando lle
comezan a saír as follas ás árbores de moreira das que se alimentan. Aínda que
o seu primeiro alimento é a cáscara do seu ovo que é moi nutritivo.
 |
A bolboreta poñendo ovos |
|
|
|
|
 |
Follas e froitos da moreira | | |
|
|
|
|
|
 |
O Bombix Mori na súa primeira idade |
Cando os vermes son pequeniños están na primeira
idade e comen as folliñas tenras, despois crecen e para podelo facer teñen que
mudar a pel que lle queda pequena. Mudan catro veces de pel. Cando son grandes
comen e comen sen parar, son insaciables! e se poñen moi gordiños
 |
Que gordiños! |
|
|
Ata que un bo día, un primeiro, fai un casulo moi
ben feitiño e pouco a pouco todos fan os seus casulos, nas esquiniñas da caixa
e nos buratiños dos cartóns de ovos que lle poñemos, porque sabemos que lles gusta.
Cada verme tarda catro días en rematalo.
 |
Os vermes tardan 4 días en facer os casulos |
Dentro dos casulos están moi cómodos e se
transforman en bolboretas.
Esta fase
da súa vida que dura uns 17 días chámase metamorfose, porque se transforman en
crisálidas, tamén chamadas pupas ou imagos
A SÚA VIDA COMA BOLBORETAS
As bolboretas teñen que segregar un líquido moi
ácido para furar o casulo e poder saír.
Cando saen son machos e femias. As femias son máis
grandes pois teñen que poñer os ovos.
 |
Bolboretas apareándose |
Durante esta fase non comen, só se
aparean e poñen os oviños que primeiro son amarelos e pouco a pouco van
cambiando a castaño. Pasará un ano, ata a próxima primavera, para que nazan as
novas crías.
HISTORIA DA SEDA
Conta unha lenda que un emperador chinés tiña
unhas árbores no seu xardín ás que lles desaparecían as follas. Un bo día
díxolle a unha princesiña que tiña que estar todos os días vixiándoas ata que
descubrira quen llas roubaba. A princesiña sentouse debaixo daquelas árbores.
Os días pasaban e non lograba ver ao ladrón das follas. Pero un bo día, á hora
de tomar o té, plaf! algo caera dentro da súa taza. Ao intentar sacalo notou
que algo pegañento se lle quedaba no seu dediño, era fío!, fío e ... máis fío!
e claro, mirou para enriba e descubriu aos causantes do estrago nas follas:
vermes e... máis vermes!
Cando llo contou ao emperador, este fíxolle
prometer que sería un segredo e que si non o sabía gardar... cortaríalle a cabeza!
A seda chegou a Europa por medio duns monxes que
conseguiron sacala do país metendo os ovos nos seus bastóns.
Séculos máis tarde, os comerciantes venecianos
comerciaron coa seda, creándose moitas fábricas na antiga Italia. Logo o
mercado da seda extendeuse a Francia e pouco tempo despois comezouse a
comerciar en Inglaterra, para logo empezala a levar ás Américas.
 |
Marco Polo foi un comerciante veneciano que fixo moitos viaxes á China |
|
|
|
COMO SE EXTRAE A SEDA
Este ano no cole fixéronnos unha demostración: Os
casulos métense en auga quente para que ablanden. Deste modo pódese tirar do
fío, que pode chegar a medir uns 1.500 metros. A medida que vai saíndo o
fío se pasa a unha devanadora para logo
facer os novelos. As teas fanse en telares.
 |
Tear de seda |
Hay moitos tipos de teas de seda:
Transparentes coma o organdí a organza
e a musselina moi suaves coma o satén ou máis fortes coma o crep e o crespón. Estas teas tan especiais utilízanse para facer traxes de
noiva e de festa. Vímolas na exposición que houbo no cole.
Traballo realizado por:
Andrea P., Andrea F.,Amelia, Claudia, Carmela, Eva, Martín, Rosalía, Lara, Laura B., Laura V., Lucía, Brais, Sergio.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario