miércoles, 30 de noviembre de 2011

Traballamos coa Prensa







Hoxe comezamos un traballo en equipos coa prensa.
Os obxectivos do traballo de hoxe eran saber que xornais se publicaban na nosa cidade e aprender a buscar unha noticia nun xornal.
Aprendimos que os xornais teñen moitas seccións como:
EN PORTADA, OURENSE, GALICIA, MUNDO, OPINIÓN, DEPORTES, OCIO, TELEVISIÓN, O TEMPO, que están sinaladas con letras maiúsculas na parte de enriba de cada páxina. Tamén aprendimos que cada unha destas seccións trae contidos diferentes.
Outra cousa importántisima, que nos quedou moi clara, e que en equipo hai que organizarse e repartir o traballo e que o traballo de cada un é moi importante, pois si alguén o fai mal ou se equivoca. sae mal parado todo o equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario