lunes, 5 de septiembre de 2011

Ola!!! xa estamos aquí, un curso novo nos agarda... Que emoción! Que ganas! Aula nova, libros novos, cadernos sen comezar, moitos lápices para sacarlle punta e... moitas cousas novas que aprender.
A Escribideira xa ten ganas de que lle escribades algo, pois leva todo o verán aburrida sen os vosos textiños.
O cole agárdavos o día 12  luns ás 12 h. xa que ao ser o primeiro día somentes estaremos xuntos media xornada e, coma sempre, decídelle aos papás que suban ata a aula para saudalos e comentarlle algúns recadiños.
Para os que vos quedades a comer, ese día xa funcionará o comedor escolar.
Aproveitade esta última semana de vacacións para xogar moito e disfrutar do aire libre das fermosas mañáns destes primeiros días de setembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario