domingo, 8 de mayo de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O venres día 6 de maio celebramos o día de Rosalía de Castro en todo o cole.Para celebralo, nenos e nenas de todos os cursos limos os versos de Cantares Gallegos. Cada curso leu unha parte.
Nós como somos 1º A tocounos de primeiros, ás nove e media. Tivemos que andar a cen por hora xa que houbo varias incidencias: faltaban dous nenos e outros tres esqueceron os papeis na casa. Aínda así todo saiu ben e limos de marabilla. Con nosoutros leron catro adultos: Julia, a directora, Elena a profe de Audición e Linguaxe, Isabel que leu por Héctor e a profe Celina.
EncantároNnos os versos que falan das paisaxes da Galicia Encantada, dos mozos e mozas, de amores, da xente pobre...

No hay comentarios:

Publicar un comentario