martes, 26 de abril de 2011

SEMANA SANTA DIVERTIDA

Entrei no acuario de Porto, habia moitas clases de peixes. Os que máis me gustaron foron o tiburón, as medusas e o peixe manta. Cando chegou a hora de xantar todos os nenos demoslles comida. Logo visitamos os crocodilos, serpes e lagartos que lanzaban a lingua para atrapar aos insectos.
Mais tarde fun ao planeta Marte, entrei nun cohete para xogar e subìn  a un cráter por unha corda .
Dentro do planeta Marte había unha discoteca con un marciano verde de tres ollos que bailaba o waka waka e que falaba o idioma terrícola. E o máis divertido foi en BRACALANDIA con tantas atracións. Había unha atracción de auga con canoas, primeiro subía moi alto e logo baixaba en picado, na caída perdín a gorra e molleime toda, volvín a subir e... molleime outra vez: Foi divertidiiiiiiiisimo!
No Castelo do Terror aparecían esqueletes, zombis e pantasmas que saían da escuridade e tocaban no pelo para asustar, fun eu soa, moitas viaxes.
QUERO MÁIS VACACIÓNS!!!!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario