Este paxariño chámase escribideira porque os seus ovos parece que están escritos cun lápis. Esta é a razón pola que escollín estre nome para o noso blog, porque como ela nós tamen escribiremos as nosas creacións neste novo espacio e os nosos textiños serán como eses ovos dos que nacerán paxariños de imaxinación e creatividade. Nel tamén poremos moitos xogos e actividades para aprender e divertirse moito
Este blog será coma un diario que nos acompañará toda a escolaridade da Educación Primaria e de vós dependerá, cando sexades maiores e vaiades ó Instituto, a súa continuidade.
Agardo que esta iniciativa sexa do voso agrado e do de vosas familias ás que pedimos colaboración mediante a comunicación através dos comentarios.
Agora somentes queda escribir, escribir e escribir moitísimos textos, moi lindos para que podan leelos todos os nenos e as nenas do mundo.
A vosa profe.
Celina
Que curioso, entrei neste blog de curioso e achei interessante o idioma. Que lingua é esta tão parecida com o português? Muito fácil de compreender e muito bonita. ah sim, seu blog é lindo, parabéns. bjs
ResponderEliminarHola Julio o idioma é o galego, de Galicia, España.
ResponderEliminarObrigada